Xente da Barreira, A
Xente da Barreira, A
[LIT]
Novela de Ricardo Carballo Calero publicada en 1950, que recibiu o premio Bibliófilos Gallegos (1949). A segunda edición publicouse co título de A gente da Barreira. Formada por un conxunto de historias máis ou menos independentes sobre unha familia fidalga do rural, foi a primeira novela galega publicada despois da Guerra Civil Española.