xeopolítica

xeopolítica

(< xeo- + política)

s f [XEOG/POLÍT]

Estudo da relación que existe entre o medio xeográfico e a estrutura socioeconómica e a evolución política dun país. Malia que o termo foi introducido polo sueco Kjellén, considerouse a F. Ratzel como o fundador da disciplina. K. Haushofer e os seus seguidores elaboraron unha serie de teorías fundamentadas no espazo vital, na superioridade da raza e a expansión natural duns pobos en detrimento doutros, que foron aproveitadas e adoptadas polo réxime nazi. Ao final da Segunda Guerra Mundial esta disciplina caeu en descrédito e posteriormente, Y. Lacoste demostrou que podía constituír unha disciplina crítica. A escola inglesa preferiu modificar esta denominación pola de xeografía política.

Palabras veciñas

xeonastia | xeonlleira | xeonllo | xeopolítica | xeopolítico -ca | xeopotencial | xeoquímica