Xerceano

Xerceano

(< topónimo El-Gerza)

Período do Exipto predinástico, tamén chamado cultura de Naqāda II, que seguiu ao Amratiano (Naqāda I). Distínguese pola uniformidade cultural que alcanzou todo o val do Nilo, o inicio da estratificación social, o desenvolvemento de importantes centros de poboación, a evidencia de contactos con outros países e a manufactura dunha cerámica característica.

Palabras veciñas

xeravillo | xerbilino -na | xerbo | Xerceano | Xerdiz | xeremiada | Xeremías