Xerome,

Xerome,

san (Strido, Dalmacia 342? - Betlem 420) Pai e doutor da Igrexa. O seu labor reflectiuse nunha obra abundante e extraordinaria, como a versión latina da Biblia, coñecida como Vulgata, incontables comentarios a textos bíblicos cunha exhaustiva achega de datos xeográficos e filolóxicos, traballos edificantes como De viris illustribus e a continuación da historia eclesiástica de Eusebio. Participou tamén en polémicas e deixou unha correspondencia. Represéntase como penitente no deserto, como sabio na súa cela ou como doutor da Igrexa. Como atributos leva a pedra coa que daba golpes no peito, a caveira sobre a que meditou, a pomba da súa inspiración, o capelo cardinalicio, o león domado e o báculo. A súa festividade celébrase o 30 de setembro.