Xertrude

Xertrude
[ONOM]

Antropónimo feminino que procede do antigo alemán Gertrud, latinizado en Geratrudis, e composto por gaira ‘lanza’ e trut ‘querido, amigo’, co significado de ‘amiga da lanza’. Outra hipótese di que o elemento trut ou drud, compoñente de nomes femininos, é unha alusión á mitoloxía nórdica: Thrudhr, a ‘filla de Thor’, ‘muller valente’, relacionado co antigo nórdico thryth ‘forza’.

Palabras veciñas

xerro | xerrumela | xersei | Xertrude | Xertrude de Nivelles, santa | Xertrude, santa | xerula