Xerusalén, patriarcado de
Xerusalén, patriarcado de
Derradeiro dos antigos catro patriarcados orientais, creado no Concilio de Calcedonia (451) que subtraeu a Palestina na xurisdición de Antioquía. Quedou baixo a órbita de Constantinopla e sempre tivo patriarcas ortodoxos. Coa unión dos melquitas a Roma (s XVIII), instituíuse un patriarcado católico de rito bizantino. En 1847 Roma creou un patriarcado latino que aínda perdura.