xeso

xeso

(< lat gypsum < grγύψος)

s m [MINERAL]

Sulfato de calcio hidratado, de fórmula CaSO4·2H2O, que cristaliza no sistema monoclínico. Os cristais presentan hábito simple e caras curvadas. Poden atoparse masas granulares de gran fino (alabastro) ou groso, en láminas ou en pequenas veas fibrosas, e adoita presentar maclas de contacto. Ten dureza 2 e unha densidade de 2,32. É incoloro e transparente cando está cristalizado, e branco, gris, amarelado ou avermellado cando se presenta en masas. Certos agregados adoptan forma de rosa, e reciben o nome de rosa do deserto. Calcinado, emprégase en construción como material de recubrimento ou, con menos frecuencia, como material de unión de pouca resistencia.

Palabras veciñas

xesería | Xesgalicia | xesneriáceo -a | xeso | xesoso -sa | Xest | 1 xesta