Xestoso, Brañas de
Xestoso, Brañas de
Espazo natural que se sitúa entre as concas dos ríos Ulla e Umia, nos concellos da Estrada, Forcarei e Silleda, a 639 m de altitude media e cunha extensión de 1.077 ha. Trátase de pequenas áreas de turbeiras e uceiras acompañadas de reducidas extensións de carballeiras. Na zona viven picas papudas, sisóns e lagartos das silvas. Foi declarado LIC dentro da Rede Natura 2000.