xifosuro -ra

xifosuro -ra

(< lat científico Xiphosurus,xénero de artrópodos)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos xifosuros.

  2. s m [ANIMAL]

    Artrópodo da orde dos xifosuros.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Orde de artrópodos quelicerados, da clase dos meróstomos, que se caracterizan por ter o corpo aplanado dorsiventralmente, semellante ao dos trilobites, con segmentos anteriores fusionados dorsalmente para formar unha coiraza. Son organismos bentónicos e carnívoros que se afunden rapidamente, pero que poden nadar. Abundantes durante o Paleozoico, actualmente están representados só por cinco especies, que se distribúen polo litoral Atlántico de América do Norte, o Índico e o Pacífico. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

Palabras veciñas

xifoide | xifoideo -a | xifópago | xifosuro -ra | xiga | xiga- | xigante -ta