ximnofión -na
ximnofión -na
(< ximno- + gr ὀϕιόνεος ‘de serpe’)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ximnofións.
-
s
m
[ANIMAL]
Anfibio da orde dos ximnofións.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Orde de anfibios que está formada por especies vermiformes, carentes de patas. Presentan a pel lisa e cuberta de escamas e adoitan posuír glándulas produtoras de líquidos irritantes. Habitan en rexións tropicais de África, América e Asia.