xinecoloxía

xinecoloxía

(< xineco- + -loxía)

s f [MED]

Rama da medicina que estuda o aparato xenital feminino, a súa fisioloxía e as patoloxías que lle son propias. As glándulas mamarias inclúense neste estudo, xa que están influídas polos ovarios e a hipófise. A xinecoloxía, moi ligada á obstetricia, experimentou notables avances coa aparición da ecografía, o desenvolvemento de métodos anticonceptivos e o perfeccionamento das técnicas cirúrxicas.

Palabras veciñas

xineco- | xinecocracia | xinecólogo -ga | xinecoloxía | xinecolóxico -ca | xinecomastia | xinecónimo