Xipe Totec

Xipe Totec
[MIT]

Divindade náhuatl que se representa coa forma dun home nu cuberto de pel humana, cunha gorra cónica e dúas borlas ata os ombros, aneis de ouro e colgantes de caracol. Sacrificábanlle seres humanos, e os enfermos, para sandar, tiñan que vestir as peles das vítimas sacrificadas.

Palabras veciñas

xiobertita | xiognu* | xiote | Xipe Totec | Xiphias | Xiphophorus | xiprón