xirafa
xirafa
(
-
s
f
[ANIMAL]
Mamífero artiodáctilo, da suborde dos ruminantes, que se caracteriza por presentar o pescozo extraordinariamente longo ao igual que as patas dianteiras, que son máis longas que as traseiras. Teñen cornos pequenos recubertos pola pel e unha pequena protuberancia no medio da fronte. O pelame é amarelo con manchas grandes e irregulares de cor escura, salvo no pescozo e nas patas, onde son máis pequenas. É o mamífero máis alto de todas as especies de animais, e os machos son de maior tamaño que as femias, xa que poden medir entre os 4,8 e os 6 m e pesar máis de 1.000 kg. É herbívoro e aliméntase principalmente de follas e brotes de acacia. Vive en pequenos grupos na sabana africana.
-
s
f
Persoa moi alta e desproporcionada.