xiringa

xiringa

(< lat siringa)

  1. s f [MED]

    Instrumento destinado á introdución ou á extracción de substancias líquidas en condutos, cavidades ou tecidos do organismo. Consiste nun tubo cun émbolo desprazable que remata nunha cánula estreita en que se engancha algún accesorio como unha agulla ou un trocar.

    Sinónimos: xeringa.
  2. s f

    Instrumento semellante que ten diversos usos.

    Sinónimos: xeringa.

Palabras veciñas

xirigato -ta | xirigonza | xirín | xiringa | xiringar | xirínido -da | xirio -ria