xiroláser
xiroláser
(< xiro- + láser)
s
m
[AERON]
Instrumento de navegación aérea que se basea no principio do xiroscopio. Consiste nunha cavidade chea de gases nobres, na que dous feixes láser percorren unha mesma traxectoria, pero en sentidos opostos. Co movemento prodúcense franxas de interferencias que lles son presentadas ao piloto en forma numérica ou gráfica.