Xochicalco
Xochicalco
Antiga cidade náhuatl do estado de Morelos (México), situada a uns 30 km da cidade de Cuernavaca. Pertence ao período clásico da cultura de Teotihuacán (500?), aínda que posteriormente acolleu outros pobos. O vestixio máis importante é o templo dedicado ao deus Quetzalcoatl. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1999).