Xubia, San Martiño de

Xubia, San Martiño de

Antigo mosteiro beneditino situado en Narón. Puido ser fundado no s VIII en tempos de Vermudo I e restaurado por Ramiro I no s IX. Estivo baixo a protección real entre 1090 e 1121, e converteuse nun priorado de Cluny. Pertenceu a sé episcopal de Mondoñedo, agás entre 1110 e 1122 que pertenceu á de Santiago. A época de maior esplendor foi a do s XII, cando recibiu privilexos e doazóns de Fernando II e do conde de Traba. A decadencia iniciouse a finais do s XII e comezos do s XIII. A igrexa é románica e ten planta basilical con tres naves e tres ábsidas semicirculares coas súas capelas. A nave ten cuberta de madeira e as ábsidas, bóveda de medio canón rematadas en cuarto de esfera. Nas ábsidas destacan as ventás semicirculares. A fachada principal está reconstruída.

Palabras veciñas

Xubia | Xubia | Xubia, ponte de | Xubia, San Martiño de | Xubia-Castro | Xubial | xubilación