xugo

xugo

(

  1. s m

    Peza de madeira onde se suxeitan pola cabeza ou polo pescozo unha parella de animais para que tiren do arado ou o carro.

    Sinónimos: canga.
  2. s m

    Dominio que algo ou alguén exerce sobre unha ou varias persoas.

  3. s m

    Armazón de madeira que vai unida a unha campá e que serve para volteala.

  4. s m [HIST]

    Forca pola que tiñan que pasar os inimigos vencidos, na antiga Roma.

  5. s m [CONSTR]

    Reforzo de madeira ou pedra que se emprega na construción dunha parede ou dunha porta.

Palabras veciñas

xugada | xuglandáceo -a | xuglandal | xugo | xugueira | xugueta | 1 xugular