xuíz, xuíza

xuíz, xuíza

(

  1. [DER]
    1. s

      Persoa que ten autoridade para sentenciar e administrar xustiza. O ordenamento xurídico español distingue, segundo o xulgado en que presta as súas funcións, entre xuíz central de instrución, central do contencioso administrativo, central do penal, xuíz do contencioso administrativo, de instrución, de menores, do penal, do social, de paz, de primeira instancia e de vixilancia penitenciaria.

    2. xuíz de paz

      Persoa que, nos concellos que non teñen xuíz de instrución, exerce a xurisdición penal e civil en casos de pouca gravidade e dirixe o rexistro civil. Non forma parte da carreira xudicial e é nomeado polas salas de goberno dos tribunais superiores de xustiza e elixido polo seu respectivo concello.

    1. s

      Persoa que debe tomar unha decisión ou resolver algunha cuestión que presenta varias alternativas.

    2. s

      Persoa que se encarga do cumprimento do regulamento nas actividades deportivas.

    3. xuíz de liña [DEP]

      Persoa que axuda ao árbrito vixiando o xogo nas bandas dereita e esquerda do campo.

  2. s m [RELIX]

    Xefe do pobo de Israel ata a instauración da monarquía.

Palabras veciñas

Xuiao/Xuiá | Xuíces, Libro dos | xuíña | xuíz, xuíza | xuízo | xulepe | xulgado -da