Xullo, monarquía de
Xullo, monarquía de
Réxime presidido por Luís Filipe I de Francia (1830-1848). O mal réxime de Carlos X provocou a Revolución de Xullo (1830), que acabou coa entronización de Luís Filipe de Orléans. A monarquía constitucional baseouse no pacto entre o rei e o pobo. A oposición republicana e proletaria endureceuse progresivamente, ata que o rei foi derrocado pola Revolución de 1848.