xurado -da

xurado -da

(< lat iurātu)

  1. p reg

    de xurar.

  2. adx

    Relativo ou pertencente a todo o que está baixo xuramento.

  3. s m [DER]

    Tribunal non profesional nin permanente (os seus membros son elixidos por sorteo) encargado de emitir unha sentenza durante un xuízo, puidendo quedar, ou non, ao coidado do maxistrado a imposición da pena. A súa orixe é británica.

  4. s m

    Tribunal ou conxunto de persoas encargado de ditaminar un veredicto nun certame ou concurso.

  5. s m

    Cada un dos membros que forman parte dun xurado.

Palabras veciñas

Xúpiter | xupiteriano -na | xura | xurado -da | xurador -ra | xurafaz | xuramentar