xuro

xuro

(< lat iure)

  1. s m [HIST/DER]

    Sistema de doazón de terras que se transmitía na Idade Media hereditariamente e de maneira perpetua ata que se ordenase a súa extinción. Empregouse con frecuencia como recompensa pola fidelidade dun vasalo e os servizos prestados por este.

  2. s m [ECON]

    Renda que produce un capital.

  3. s m [ECON]

    Retribución que se paga ou recibe por utilizar ou prestar unha cantidade de diñeiro por un período determinado de tempo. Calcúlase como unha procentaxe da cantidade prestada, e inclúe tamén o factor inflación e a rendibilidade esperada. OBS: Adoita empregarse en plural.

    Sinónimos: rédito.

Palabras veciñas

xurisdicional | xurisprudencia | xurista | xuro | xurrar | xurreira | xurro