Xylocopa
Xylocopa
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de insectos himenópteros, de grandes dimensións, da familia dos ápidos, que teñen cor escura coas ás violáceas e escavan coas mandíbulas a madeira seca onde establecen o niño. A este xénero pertence o abellón tinto.