babilónico -ca
(< topónimo Babilonia)
-
adx
Relativo ou pertencente a Babilonia.
Ex: Coñece ben a cultura babilónica.
-
adx
Que se fai con moita grandeza.
Ex: É unha escultura babilónica.
-
arte babilónica
[ARTE]
Arte mesopotámica.
-
catividade en Babilonia
[HIST]
-
Período no que os hebreos foron cativos dos babilonios. Xerusalén, que colaborara con Exipto, inimigo de Babilonia, caeu nas mans de Nabucodonosor II no 597 a C e ao ano seguinte os príncipes hebreos e gran parte do seu pobo foron deportados a Babilonia. No 587 a C tivo lugar unha nova deportación en masa. Trala caída do imperio babilónico fronte aos persas aqueménidas, no 538 a C Ciro o Grande permitiu volver aos exiliados, pero a maior parte quedaron en Babilonia, mantendo alí a cultura hebrea.
-
Denominación metafórica, aplicada por algúns autores antigos á estancia dos papas en Aviñón durante o Cisma da Igrexa de Occidente (1309-1378).
-
-
hora babilónica
Hora igual á vixésimo cuarta parte do día, segundo o uso babilónico transmitido ata a actualidade.
-
literatura babilónica
[LIT]
Literatura mesopotámica en dialecto babilonio.