baby-boom*

baby-boom*
s m [DEMOG]

Aumento brusco, imprevisto e imprevisible da natalidade. Este fenómeno é exclusivo dos países desenvolvidos, e prodúcese polo incremento da natalidade provocado non pola suba da fecundidade natural, senón por razóns sociolóxicas moi dependentes da conxuntura económica, como o descenso na idade media de contraer matrimonio e de ter o primeiro fillo as mulleres ou o aumento do número de fillos por muller. O primeiro baby-boom descrito pola demografía produciuse nos EE UU e na Europa Occidental ao remate da Segunda Guerra Mundial, nun contexto de bonanza económica e reconstrución, respectivamente, manténdose ata o final da década de 1950. No caso español e galego, o baby-boom produciuse na década de 1960 e prolongouse ata os primeiros anos da década de 1970.

Palabras veciñas

babuxar | babuxento -ta | Babuyán, illas | baby-boom* | baby-test* | Babylon | Babyrussa