Bach

Bach

Familia alemá de músicos residentes sobre todo en Turinxia, notables durante os séculos XVII e XVIII. O antepasado máis antigo coñecido foi Hans Bach (1520 - Wechmar ?). Do seu neto Lips Bach (? - 1620) naceu a chamada rama de Meiningen; dos tres fillos do irmán de Lips naceron outras tres ramas importantes: Johann Bach (Wechmar 1604 - Erfurt 1673), rama de Erfurt Christoph Bach (Wechmar 1613 - Arnstadt 1661), avó de Johann Sebastian Bach, rama de Franconia, e Heinrich Bach (Wechmar 1615 - Arnstadt 1692), rama de Arnstadt.