Bad Liutenant

Bad Liutenant
Nome científico: [O tenente corrupto]

Filme producido nos EE UU no ano 1993 e dirixido por Abel Ferrara. Foi interpretado por: Harvey Keitel, Frankie Thorn, Zöe Lund e Anthony Ruggiero, entre outros actores. Unha monxa sofre unha violación no altar dunha igrexa. O tenente de policía L.T., un home corrupto, politoxicómano e devoto católico, encárgase do caso. O brutal sacrilexio obsesiónao, e lévao a un arrepentimento dos seus actos, na procura dunha posible redención.