baeta
baeta
(< lat badiu ‘baio’)
-
s
f
[TÉXT]
Tecido frouxo de la ou de la mesturada con algodón, con ligaduras de sarga, enfeltrado e cuberto de pelo por unha cara ou polas dúas, de usos industriais ou domésticos.
Ex: Fixo un disfrace con anacos de baeta.
-
s
f
[TÉXT]
Pano elaborado con esa tea ou con outro tecido groso e absorbente que se usa para limpar ou fregar.
Ex: Non fai falta que refregues a mesa, chega con que pases unha baeta.
-
s
f
[TÉXT]
Tecido groso de algodón empregado antigamente para traxes de inverno de home.
Ex: O xastre aínda non rematou o meu traxe porque non lle chegaba a baeta que tiña.