Bagua

Bagua

Sociedade secreta chinesa estreitamente relacionada coa Bailian e caracterizada por un sincretismo taoísta, cerimonias nocturnas conducidas por un médium e vexetarianismo. Apareceu politicamente no s XVIII. En 1813 intentou unha rebelión contra o Emperador, que foi sufocada con dificultade.