1 bai

1 bai
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos bais ou á súa lingua.

  2. Individuo do pobo bai.

  3. s [ETN]

    Pobo que habita principalmente ao L de Yunnan. Aproximadamente son 1.130.000 individuos que descenden do antigo reino de Tali, que desapareceu cando foi anexionado polos Ming. A súa poboación sinízase rapidamente, aínda que manteñen a súa lingua propia.

  4. s m [LING]

    Lingua do grupo tibeto-birmano.

Palabras veciñas

bahutu | bahuvrīhi* | Bahya ben Yosef ibn Paquda | 1 bai | 2 bai | bai-u* | baia