baihua*

baihua*
s m [LING]

Lingua común utilizada polo pobo chinés, en oposición ao wenyan, lingua escrita clásica, instrumento da clase dos mandaríns. Unha das súas variantes, o mandarín, baseado no dialecto que se fala en Pequín, foi elevada pola República Chinesa á categoría de “lingua nacional” (guoyu). Actualmente chámase “lingua común” (putonghua).

Palabras veciñas

baido | Baïf, Jean Antoine de | Baïf, Lazare de | baihua* | Baikal | baila | bailable