Bailian
Bailian
[Loto branco] Secta amitabhista fundada no ano 381 na montaña Lushan polo monxe taoísta Huiyuan, convertido ao Budismo. Ten unha doutrina baseada no amor, na piedade e na esperanza de renacer no País puro, sobre o loto místico, aos pés de Amitābha. O seu carácter esotérico e o adventismo dos seus fieis fíxoa inspiradora dunha sociedade secreta, Bailianjiao, que colaborou na expulsión dos mongois de China e na instauración da dinastía nacional Ming. Perseguida polos manchús, as súas actividades perduraron ata finais do s XIX.