Baiona, Asemblea de

Baiona, Asemblea de
[HIST]

Asemblea de Notables reunida en Baiona (Francia), promovida por Napoleón Bonaparte e convocada polo mariscal francés Murat e a Xunta de Goberno logo das sucesivas abdicacións dos monarcas españois Carlos IV e Fernando VII. Á xuntanza déuselle carácter de Cortes coa finalidade de aprobar o Estatuto Real, primeira Constitución moderna de España. Convocada sobre xuño-xullo do 1808, en ningún momento pasou de 91 membros.