baixeza

baixeza

(

  1. s f

    Acción coa que alguén se rebaixa na súa dignidade ou na súa propia estima.

    Ex: Considera unha baixeza o feito de ter que pedir favores e non sempre é así.

  2. s f

    Acción indigna ou vil.

    Ex: A historia de moitas persoas célebres está chea de baixezas.

    Sinónimos: infamia, vileza.
  3. s f

    Calidade do que é baixo, desprezable ou vil.

    Ex: O tipo de cousas que se din son auténticas baixezas.

  4. s f

    Calidade do que está abaixo.

    Ex: Os montes contrastan coa baixeza do val.

  5. s f

    Cousa que carece de importancia.

    Ex: Non me veñas agora con baixezas que teño máis cousas que facer.

Palabras veciñas

Baixeras, Antón | Baixeras, Rafael | baixete | baixeza | baixío | baixista | Baixo