balalaica

balalaica

(< fr balalaïka < rusobalalaika)

s f [MÚS]

Instrumento de corda, da familia dos laúdes, sen cordal (de corda pinzada), moi popular en Rusia. Está composta dunha caixa de resonancia triangular, cun mango longo e tres cordas (dúas cordas ao unísono e a outra unha cuarta por enriba), que se fai soar cos dedos ou utilizando un plectro. Hai conxuntos de ata corenta e cinco balalaicas de seis dimensións diferentes.