Balbina/Balbino
Balbina/Balbino
[ONOM]
Antropónimo procedente do latín Balbinus, nome de familia romana derivado de balbus ‘tatexo’. A lenda di que santa Balbina (s II) era unha virxe romana, filla dun tribuno. Logo de ser curada do bocio polo Papa Alexandre I converteuse ao Cristianismo. Hai quen di que, estando na prisión, o Papa pasoulle arredor da gorxa as cadeas ás que estaba preso. Outra versión asegura que tales cadeas foran as mesmas ás que estivera atado san Pedro. Por esta razón, santa Balbina é invocada para a curación do bocio. A súa festividade celébrase o 31 de marzo; a forma masculina non ten santo pero como antropónimo é moi popular.