wahhabismo
wahhabismo
(< wahhabita)
s
m
[RELIX]
Doutrina predicada no Islam por Mu ḥ ammad ibn ‘Abd al-Wahhāb. É unha adaptación á escola hanbalita da reforma puritana de ibn Taymiyya que preconiza a observancia estrita do Islam coránico. Ligada á dinastía saudita, foi a orixe do reino wahhabita de Arabia (Arabia Saudí), onde é a relixión oficial.