wajang*

wajang*
  1. s m [ESPECT]

    Teatro tradicional xavanés que xurdiu cara a finais do s VIII na illa de Xava. Consistía na proxección de sombras sobre unha superficie plana, mediante marionetas de coiro ou madeira, que representaban historias tradicionais do folclore xavanés e relatos de orixe hindú do Mahābhārata e do Rāmāyana.

  2. s m

    Marioneta que se emprega no teatro de wajang.

Palabras veciñas

Wainganga | Wais Sanmartín, Xulio | Waitarere | wajang* | Wajda, Andrej | waka* | Wakamatsu