Wallakh, Mejer
Wallakh, Mejer
(Bialystok 17.7.1876 - Moscova 31.10.1951) Político ruso. Coñecido como Maksim Maksimović Litvinov, foi membro do partido socialdemócrata (1898) e despois dos bolxeviques (1903). Foi comisario de Asuntos Estranxeiros (1930-1939) e conseguiu o recoñecemento da URSS na Sociedade de Nacións (1935).