Wankel, motor
Wankel, motor
[TECNOL]
Motor de combustión interna, ideado por F. Wankel en 1959, que consiste nunha cámara fixa no interior da que xira, con movemento planetario, un émbolo rotatorio constituído por tres lóbulos e impulsado pola forza de expansión do combustible en ignición. Os catro tempos efectúanse no curso dunha volta compacta do émbolo. A mestura carburante é aspirada nun volume relativamente grande, que se comprime ata que é inflamada, provocando que os gases saian ao exterior sen necesidade de válvulas.