West Virginia

West Virginia

Estado de EE UU (62.759 km2; 1.808.344 h [2000]). A capital é Charleston. Limita con Ohio, Pennsylvania, Maryland, Virginia e Kentucky. Comprende diferentes rexións morfolóxicas: o val de Ohio, fértil e densamente poboado, con cursos fluviais navegables; o altiplano de Cumberland, entre 300 e 600 m de altitude; e no L a rexión dos Allegheny, con serras cunha altitude entre os 600 e os 12.000 m. Os recursos naturais son abondosos e variados: carbón, petróleo, gas natural e grandes depósitos de sal. Hai industria química, metalúrxica, do vidro e cerámica. Ocupada inicialmente por diversas tribos indias, o territorio formou parte de Virginia. Durante a Guerra de Secesión mantivo unha postura contraria ao escravismo, separouse de Virginia e foi admitido como estado da Unión.