Wien, leis da radiación de

Wien, leis da radiación de
[FÍS]

Enunciados das propiedades do espectro da radiación emitida por un corpo negro. Segundo a primeira lei de Wien, a lonxitude de onda λm, que corresponde á enerxía radiante máxima emitida por un corpo negro, multiplicada pola súa temperatura absoluta T, é unha cantidade constante chamada constante do desprazamento de Wien, e vale 2,8987×10-3 m "Snell Roundhand";"Snell Roundhand"; ⋅ K. Segundo a segunda lei de Wien, a enerxía radiante máxima do espectro emitido por un corpo negro é proporcional á quinta potencia da temperatura absoluta T, Em =bT5, sendo b unha constante que vale 2,9871 J/K5.

Palabras veciñas

Wieland, Heinrich Otto | Wielkopolskie | Wieman, Carl E. | Wien, leis da radiación de | Wien, Wilhelm | Wiene, Robert | Wiener Sezession