Wright, irmáns
Wright, irmáns
Pioneiros da aviación estadounidenses. Wilbur Wright (Millville, Indiana 16.4.1867 - Dayton 30.5.1912) e Orville Wright (Dayton 19.8.1871 - 30.1.1948) construíron en 1900 un modelo de planador. En 1903 construíron un biplano provisto dun motor de 16 CV e con dúas hélices, co que en decembro dese mesmo ano, Orville efectuou o considerado primeiro voo mecánico -aínda que C. Ader efectuara varios voos entre 1890 e 1897- en Kitty Hawk (Carolina do Norte), de 266 m de percorrido e cunha duración de 59 s. En 1905 os dous irmáns voaron 39 km en circuíto pechado.