wurtzita

wurtzita

(< antropónimo C. A. Wurtz)

s f [MINERAL]

Sulfuro de zinc, de fórmula ZnS, que cristaliza no sistema hexagonal. É polimorfo da blenda. Preséntase en cristais piramidais ou tabulares, e tamén en fibras ou cascas. Ten unha dureza de 3,5 a 4 e unha densidade de 4. É de cor negra.