Khorsābād

Khorsābād

Antiga cidade de Irán, situada a uns 15 km ao N de Nínive, construída por Sargon II de Asiria (721 a C - 705 a C) como capital do seu reino. Escavada pola expedición francesa de Paul-Émile Botta a mediados do s XIX, descubríronse os monumentos que integraban Dūr-Šarrukīn. Posteriormente o Oriental Institute de Chicago realizou novas escavacións (1929-1934).