Kilovatio

Kilovatio
[PUBLIC]

Revista técnica de enerxía editada na Coruña por Fuerzas Eléctricas del Noroeste SA a partir de febreiro de 1963. Cesou en decembro de 1982 (nº77). Subtitulouse “Revista de Fenosa”. Foi editada polo departamento de relaciones públicas e dirixida por Ramón G. Fontenla e Luís Caparrós (desde decembro de 1963). Incluíu información da compañía, notas deportivas e artigos sobre filatelia e gastronomía.

Palabras veciñas

kilómetro | kilopondio | kilotón | Kilovatio | kilovolt | kilowatt | kilowatt-hora