knock-out*

knock-out*
Nome científico: [K O]
  1. adx

    Aplícase ao boxeador que está fóra de combate.

  2. adx

    Aplícase á persoa que está moi impresionada ou atordada.

    Ex: A noticia deixouno knock-out.

  3. [DEP]
    1. s m

      Situación que se produce en boxeo cando un púxil que caeu por efecto dun golpe regulamentario non é capaz de se erguer antes de dez segundos, sendo declarado vencedor o opoñente.

    2. knock-out técnico

      Situación que se produce en boxeo cando, a xuízo do árbitro, un dos contendentes é declarado en inferioridade manifesta, e o outro vencedor.