Kokoschka, Oskar
Kokoschka, Oskar
(Pöchlarn, Baixa Austria 1.3.1886 - Montreux, Vaud 22.2.1980) Pintor e escritor austríaco. Influenciado por G. Klimt, retratou a xente e os ambientes artísticos e literarios de Viena, participou activamente en Der Strum (1901) e cultivou un expresionismo propio, de técnica rica en cores e mestura de evocacións fantásticas, escenas realistas e retratos psicolóxicos. Na posguerra de 1918 pintou ciclos de temas bíblicos e simbólicos, e na de 1945, os horrores da guerra. Da súa obra destaca A noiva do vento (1914). Como literato escribiu dramas expresionistas e a autobiografía A miña vida (1988).