Kölcsey, Ferenc
Kölcsey, Ferenc
(Szodemeter 1790 - Cseke 1838) Poeta húngaro. Representante das letras e da poesía progresista de Hungría do primeiro terzo do s XIX, escribiu a letra do actual himno nacional de Hungría (1823). Foi autor do ensaio Nemzeti hagyományok (As tradicións nacionais, 1826), e doutro libro sobre cuestións da educación e da moral, titulado Parainesis Kölcsey Kálmánhoz (Admonición a K. Kölcsey, 1837).