Kominform
Kominform
Oficina de Información dos Partidos Comunistas e Obreiros, creada en Varsovia en 1947, coa función de coordinar as tarefas políticas dos partidos do bloque comunista, á que se uniron os líderes comunistas de Francia e Italia. A escisión do réxime de Tito en Iugoslavia (1948) e a morte de Stalin (1953) provocaron a súa decadencia, ata a disolución definitiva en 1956.